Oia
Oia
O concello de Oia atópase na costa suroeste de Galicia, fronte ao océano Atlántico. A súa combinación de montaña e mar crea paisaxes de gran beleza e singularidade.
Mosteiro de Santa María de Oia
O mosteiro cisterciense de Santa María de Oia, fundado no século XII, é o monumento máis emblemático do concello. Situado fronte ao mar, os seus muros testemuñaron batallas navais e séculos de historia monástica.